![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Paul Joseph Goebbels, nado en Rheydt, hoxe Mönchengladbach (Imperio Alemán), o 29 de outubro de 1897 e finado en Berlín o 1 de maio de 1945, foi un político, xornalista e escritor alemán, amais dun dos máis importantes xerarcas nazis. Foi Ministro de Propaganda no Terceiro Reich de 1933 a 1945, Gauleiter de Berlín desde 1926 a 1945 e, logo do suicidio de Hitler o 30 de abril de 1945, foi durante algunhas horas Chanceler do Reich. As súas innovadoras, brillantes e prexudiciais técnicas de propaganda foran un dos factores que permitiran ao Partido Nacionalsocialista o ascenso ao poder na Alemaña de 1933.