Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Joseph Smith, Jr., nado en Sharon (Vermont) o 23 de decembro de 1805 e finado en Carthage (Illinois) o 27 de xuño de 1844, foi o fundador da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, coñecido tamén como Mormonismo, e unha figura política importante (postulouse mesmo para ser o presidente dos Estados Unidos).
Comezou a ser seguido en 1827 despois de anunciar que un anxo lle mostrara un rexistro antigo, escrito en ferros de ouro, que describe a visita de Xesús á xente indíxena das Américas. En 1830, Smith publicou o Libro de Mormón, o cal, segundo el, era unha tradución dese rexistro. No mesmo ano organizou a Igrexa de Cristo.
Durante a maior parte da década 1830-1840, Smith viviu en Kirtland (Ohio), que foi nese tempo a sé da igrexa e o sitio do seu primeiro templo. Dificultades financeiras e conflitos con ex-membros en Kirtland alentáronlle a congregar a igrexa na colonia de Santos dos Últimos Días en Missouri. Alí intensificáronse os desacordos entre membros da igrexa e persoas alleas, iniciándose a guerra mormoa. Smith e os seus seguidores establecéronse logo en Nauvoo, Illinois onde empezaron a construír outro templo coa axuda de novos conversos de Europa.
Smith é considerado polos seus seguidores como profeta, vidente e revelador, e é situado ao mesmo nivel que Moisés, Isaías e outros antigos profetas bíblicos. As súas revelacións afirman a necesidade de restaurar a igrexa cristiá orixinal, habéndose perdido pouco logo da morte dos apóstolos debido á Gran Apostasía. Smith foi, e continúa sendo, unha figura controvertida.