Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1927 A Habana, Cuba |
Morte | 11 de setembro de 2009 (82 anos) A Habana, Cuba |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Deputado da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba | |
2 de decembro de 1976 – 11 de setembro de 2009 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Habana |
Actividade | |
Ocupación | político, militar, compositor, poeta |
Partido político | Partido Comunista de Cuba |
Carreira militar | |
Rango militar | comandante |
Conflito | Revolución cubana |
Premios | |
Juan Almeida Bosque, nado na Habana o 17 de febreiro de 1927[1] e finado o 11 de setembro de 2009,[2] foi un político e compositor cubano.
Foi considerado a terceira figura máis importante do poder cubano tras Fidel Castro e o seu irmán Raúl Castro.[3] Membro da loita contra a ditadura de Fulgencio Batista, participou no asalto ao cuartel Moncada en 1953 e dun xeito destacado na loita revolucionaria despois do desembarco do Granma.
Despois do triunfo da Revolución o 1 de xaneiro de 1959, Almeida ocupou numerosos cargos de responsabilidade: membro do Buró Político do Comité Central do Partido Comunista desde a súa fundación en 1965, deputado da Asemblea Nacional e vicepresidente do Consello de Estado, desde a primeira lexislatura. Tamén foi comandante da Revolución e presidente da Asociación de Combatentes da Revolución Cubana.
Na súa faceta de compositor e escritor compuxo máis de 300 cancións e escribiu unha ducia de libros.[4]