Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1962 (62 anos) Darlington, Reino Unido (pt) |
Educación | London Metropolitan University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo de investigación, fundamentalismo, violencia contra as mulleres e tráfico de persoas |
Ocupación | xornalista, activista, feminista |
Empregador | Universidade Metropolitana de Leeds London Metropolitan University (en) |
Sitio web | thejuliebindel.com |
Julie Bindel, nada o 20 de xullo de 1962, é unha escritora inglesa, feminista radical, e cofundadora do grupo reformista Justice for Women, que dende 1991 axudou a mulleres que foron procesadas por matar a parellas masculinas violentas.[1][2][3]
Foi investigadora visitante da Universidade de Lincoln entre 2014 e 2017, e antiga directora asistente do Centro de Investigación sobre a Violencia, Abuso e Relacións de Xénero na Universidade Leeds Beckett, a obra de Bindel céntrase na violencia machista contra as mulleres e nenos, particularmente na prostitución, na pornografía, no acoso físico, no fundamentalismo relixioso e no tráfico de persoas.[4][5]
Bindel é autora e coautora de máis de 30 capítulos de libros e catro libros, incluíndo Straight Expectations (2014) e The Pimping of Prostitution (2017). Tamén é a editora, xunto coa súa compañeira Harriet Wistrich, de The Map of My Life: The Story of Emma Humphreys (2003). Escribe regularmente para The Guardian, New Statesman, Sunday Telegraph e Standpoint.[5][6]