![]() (2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Justin Karl Michael Broadrick ![]() 15 de agosto de 1969 ![]() Birmingham, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, cantautor, guitarrista ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Grindcore, Metal industrial, Música experimental e Post-metal ![]() |
Instrumento | Guitarra, Batería e voz ![]() |
Selo discográfico | Hydra Head Records ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Justin Karl Michael Broadrick,[1] nado en Birmingham o 15 de agosto de 1969 é un cantante, compositor, guitarrista e batería inglés. É coñecido sobre todo por ser o fundador da banda Godflesh, un dos primeiros grupos en combinar elementos de metal extremo e música industrial.[2] Tamén tocou brevemente na banda inglesa de grindcore Napalm Death cando era un adolescente a mediados dos 80, compoñendo e gravando guitarras para a cara A de Scum, o seu álbum de estrea.[3] Broadrick tamén mantivo unha carreira paralela como produtor, traballando para artistas como Pantera, Isis, Mogwai e os seus compañeiros no selo Hydra Head Records Pelican. Dende o ano 2012 ven editando música hard techno baixo o nome JK Flesh. Broadrick creou varios selos discográficos, como HeadDirt, Avalanche Recordings, Post Mortem Productions (brevemente renomeado como Uprising Productions), Lo Fibre e Heartache.