Tipo | liga de béisbol ![]() |
---|---|
Organizador | Liga Coreana de Béisbol ![]() |
Liga inferior | Korea Baseball Futures League (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 10 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Corea do Sur ![]() |
Vixencia | 1982 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | koreabaseball.com ![]() |
A KBO League (hangul: KBO 리그) é o campionato de liga de béisbol profesional de Corea do Sur. O torneo naceu no ano 1982 con 6 equipos coa misión de profesionalizar este deporte no país. Na actualidade son dez os equipos que compiten cada ano neste torneo. Cada equipo está ligado a unha empresa industrial, de xeito que algúns deles levan no seu nome a marca comercial desa empresa, por exemplo: LG Twins, Kia Tigers, Samsung Lions, e outros. A KBO está considerada a segunda liga de béisbol máis importante de Asia e unha das máis importantes do mundo, so por detrás da MLB norteamericana e da NPB xaponesa. Analistas e especialistas en béisbol consideran a esta competición a un nivel intermedio entre o AA e o AAA das Ligas Menores estadounidenses.[1]