Kaaba


Kaaba - الكعبة
Un peregrino realiza unha oración preto da Kaaba.

País: Arabia Saudita
Cidade:A Meca
Construtor:Profeta Adán
Datas:605 - Reconstrución da Kaaba Quraish
638 - Reconstrución de Abdullah ibn az-Zubayr
693 - Reconstrución de Abdul-Malik ibn Marwan
1629 - Reconstrución na época do sultán Murad Khan
1996 - Restauración da Kaaba
Base:11,03 m × 12,86 m
Altura:13,1 m
Mapa de localización
Mecca en Arabia Saudita
Mecca
Mecca
Localización da Kaaba en Arabia Saudita.

Kaaba (árabe: الكعبة ou Al Ka'abah Al Musharafah : الكعبة المشرًّفة tamén: al-Bait ul Ateeq البيت العتيق e al-Bait ul Haram البيت الحرام) é unha construción reverenciada polos musulmáns, na mesquita sagrada de Masjid al-Haram na Meca, e é considerado polos devotos do islam como o lugar máis sagrado do mundo.

A Kaaba é unha construción cúbica de 15,24 m de altura e está cercada por muros de 10,67 m e 12,19 m de altura. Está permanentemente cuberta por unha manta escura con bordados dourados que é regularmente substituída. No seu interior atópase a Pedra Negra (Hajar-ul-Aswad), unha pedra escura de preto de 50 cm de diámetro, considerada unha das reliquias máis sagradas do islam. É probabelmente o resto dun meteorito.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne