Kalevala | |
---|---|
Título orixinal | Kalevala |
Autor/a | Elias Lönnrot |
Orixe | Imperio Ruso |
Lingua | lingua finesa e Lingua carelia |
Xénero(s) | poesia narrativa e Epopea |
Data de pub. | 1835 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Kalevala é un poema épico finlandés recollido por Elias Lönnrot no século XIX, é a cerna da épica nacional finlandesa e unha das grandes obras da literatura finlandesa. A maior parte do Kalevala foi recollido por Lönnrot no leste de Finlandia, agora en boa parte pertencente a Rusia, directamente dos cantores tradicionais como Arhippa Perttunen. Unha primeira versión publicouna en dous volumes en 1835-1836, Kalewala, taikka Wanhoja Karjalan Runoja Suomen kansan muinoisista ajoista, consiste en 12.079 versos en 32 cantos. A segunda versión publicouna en 1849, é a versión actualmente considerada canónica que comprende 22.795 versos en 50 cantos. O Kalevala ata o momento traduciuse a 49 linguas.
Foi traducido ao galego por Tuula Ahola e Tomás González Ahola e publicado por Rinoceronte en 2018[1].