O Kama Sutra é un antigo texto indio sobre sexo, a pesar do seu carácter erótico pertence á literatura relixiosa sánscrita. O texto escribiuno Vatsyayana. O texto completo do título é Vātsyāyana kāma sūtra (Aforismos do amor carnal, de Vatsyayana). Crese que o autor viviu entre o século I e o VI, probablemente durante o período Gupta. Profusamente ilustrado, o libro dá consellos sobre as relacións heterosexuais entre un home e unha muller e describe posturas sexuais. O libro coñeceuse en Occidente logo da tradución de Richard Francis Burton en 1883.