کَراچی (ur) Karachi (en) ڪراچي (sd) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Paquistán | |||
Province of Pakistan (en) | Sind | |||
Capital de | Sind (1947–) | |||
Capital | Gulshan Town (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 14.910.352 (2017) (4.227,49 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua urdú | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.527 km² | |||
Altitude | 8 m | |||
Creación | 1729 | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Murtaza Wahab (en) (2023–) | |||
Órgano lexislativo | Karachi Metropolitan Corporation (en) Circunscrición: 209, (Escano: 305) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 74000–75900 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 021 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | kmc.gos.pk | |||
Karachi (en urdú: كراچى e en sindhi: ڪراچي) é a cidade máis grande de Paquistán e a 12ª máis grande do mundo, cunha poboación de máis de 20 millóns de habitantes na súa aglomeración urbana.[1][2][3] Está situada no extremo sur do país ao longo da costa do mar Arábigo. É a antiga capital de Paquistán e capital da provincia de Sind. Clasificada como unha cidade beta-global,[4][5] é o principal centro industrial e financeiro de Paquistán,[6] cun PIB estimado de máis de 200 billóns de dólares estadounidenses (datos de 2021).[7][8]
Karachi é a cidade de Paquistán máis cosmopolita e diversa tanto a nivel lingüístico, étnico como relixioso,[9] así como unha das cidades socialmente máis liberais de Paquistán.[10][11][12] Karachi serve como centro de transporte e acolle os dous portos marítimos máis grandes de Paquistán, o porto de Karachi e o porto de Qasim, así como o aeroporto máis transitado de Paquistán, o Aeroporto Internacional de Jinnah.[13] Karachi tamén é un centro de medios, sede de canles de noticias, sede da industria cinematográfica e da moda de Paquistán. A maioría das empresas e bancos multinacionais de Paquistán teñen a súa sede en Karachi. É ademais un impotante destino turístico debido ás súas pintorescas praias, edificios históricos e centros comerciais.
Coñecida como a "Cidade das Luces" nas décadas de 1960 e 1970 pola súa vibrante vida nocturna,[14] Karachi sufriu un forte conflito étnico, sectario e político na década de 1980 coa chegada a grande escala de armamento durante a guerra soviético-afgá.[15] A cidade fíxose coñecida polas súas altas taxas de delitos violentos, pero os crimes rexistrados diminuíron drasticamente tras unha operación de represión contra os criminais, o partido político MQM e os militantes islamitas, iniciada en 2013 polos Rangers de Paquistán.[16] Como resultado da operación, Karachi pasou de ser clasificada como a sexta cidade máis perigosa do mundo por crimes en 2014 a 128ª en 2022.[17]