O katakana (片仮名; カタカナ) é un dos dous silabarios empregados na escrita xaponesa xunto co hiragana. Tamén se acostuma empregar katakana para se referir a calquera dos caracteres do devandito silabario. Dos dous silabarios é o máis antigo. Provén da simplificación de caracteres máis complexos de orixe chinesa que chegaron antes do comezo do illamento cultural xaponés, que se mantivo inflexíbel ata a fin da Era Edo.
Estes caracteres, ao contrario que os kanji, non teñen ningún valor conceptual, senón unicamente fonético. Graficamente, amosan unha forma angulosa e xeométrica.
O silabario katakana consta de 46 caracteres que representan sílabas formadas por unha consoante e unha vogal, ou ben unha única vogal. A única consoante que pode ir soa é o 'n'.
Usos do katakana:
Realmente os dous silabarios son equivalentes, aínda que cada un ten distintos usos. No alfabeto latino hai algo parecido coas maiúsculas e minúsculas, no sentido de que as grafías e os usos son distintos.