Keeping Up with the Kardashians | |
---|---|
![]() | |
Na rede
| |
http://www.eonline.com/shows/kardashians | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Keeping Up with the Kardashians (As Kardashian en España), é un reality show para televisión que se estreou na canle E! o 14 de outubro de 2007. A serie é producida por unha empresa conxunta entre Bunim-Murray Productions e Ryan Seacrest Productions. O programa documenta a vida cotiá da familia Kardashian/Jenner, formada pola exesposa e os fillos do falecido avogado Robert Kardashian (famoso por ser amigo e defensor voluntario de O. J. Simpson), e polo exesposo de Kris, Caitlyn Jenner (anteriormente coñecido como Bruce Jenner), famoso por gañar a medalla de ouro na categoría décatlon nos Xogos Olímpicos de Montreal en 1976 e as fillas de ambos.
Nas primeiras tempadas, a serie xira ó redor de Kim, a irmá famosa da familia, que comezou a ser coñecida por ser do círculo de amigas de Paris Hilton e levar un estilo de vida moi similar (festas con famosos, excesos de todo tipo, luxos, acoso da prensa, escándalos, etc). Con todo, o seu paso á fama chegou co escándalo que se xerou coa venda, por parte de Vivid Vídeo, dun vídeo pornográfico que filmou o seu noivo de entón, o rapeiro Ray J, deles dous mantendo relacións sexuais. Cando Vivid Vídeo anunciou que o vídeo sairía á venda, Kim demandounos conseguindo un arranxo de 5 millóns de dólares ao seu favor, co que ambas as partes "quedaron moi satisfeitas".