Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 ![]() Sydney, Australia ![]() |
Educación | Universidade de Sydney Canterbury Boys' High School ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador ![]() |
Empregador | Quadrant (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Keith Windschuttle, nado en 1942 é un escritor e historiador australiano,[1][2] e antigo membro da ABC.
Entre as súas principais publicacións están Unemployment (1979), que analiza as casas e as consecuencias sociais do desemprego en Australia e urxe a unha resposta socialista; The Media: a New Analysis of the Press, Television, Radio and Advertising in Australia (1984), sobre o contido político e económico das novas e do entretemento dos medios de comunicación; The Killing of History (1994), unha crítica ó posmodernismo na historia;[3] The Fabrication of Aboriginal History: Volume One: Van Diemen's Land 1803–1847 (2002), que acusa a un bo número de historiadores australianos de falsificar e inventar o grao de violencia contra os aborixes no pasado;[4] The White Australia Policy (2004), unha historia desa política que argumenta que os historiadores e académicos esaxeraron o grao de racismo na historia de Australia;[5] e The Fabrication of Aboriginal History, Volume Three: The Stolen Generations 1881–2008, no que explica que as "xeracións roubadas" dos nenos aborixes son un mito.