O kiang[2] (Equus kiang) tamén coñecido como asno do Tíbet,[2] é unha especie da familia dos équidos orixinaria de Asia, a máis grande especie do subxénero Asinus. É orixinario do altiplano do Tíbet, onde habita nos pasteiros alpinos e de montaña. A súa área de distribución actual está restrinxida ás chairas do altiplano tibetano, Ladakh na India;[3][4] e o norte do Nepal xunto á fronteira co Tíbet.[5] Outros nomes comúns desta especie son khyang e gorkhar.[6][7] As representacións e relatos dos viaxeiros sobre o kiang serviron como inspiración para o mito do unicornio.
↑In weasel landArquivado 22 de xaneiro de 2004 en Wayback Machine.; Text and pictures by Sujatha Padmanabhan; Jan 10, 2004; The Hindu, India's National Newspaper