Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
Killing Joke | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1978 - 1996 2002 - presente |
Xénero(s) | post-punk, new wave, rock gótico, música industrial, rock alternativo, heavy metal, música electrónica, synth-pop, hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Candlelight, Cooking Vinyl, Zuma Recordings, Butterfly, Invisible, E.G., Malicious Damage |
Membros | Jaz Coleman Kevin "Geordie" Walker Martin "Youth" Glover Paul Ferguson Reza Udhin |
Antigos membros | Paul Raven Ben Calvert Geoffrey Dugmore Nick Holywell-Walker Martin Atkins Dave Kovacevic Ted Parsons Taif Dave Grohl Troy Gregory Joe Mojica |
Artistas relacionados | The Fireman |
Na rede | |
http://www.killingjoke.com/ | |
Killing Joke é unha banda inglesa de post-punk formada en outubro de 1978 en Notting Hill, Londres. Os seus fundadores Jaz Coleman (voces, teclados) e Geordie Walker (guitarras) son os únicos membros constantes da banda.
Killing Joke é unha peza clave no xénero do rock industrial,[1] e a música dos seus primeiros anos foi descrita polos críticos Stephen Thomas Erlewine e John Dougan como "quasi-metal [...] bailando ao ritmo da fatalidade e o pesimismo".[2] O seu son foi evolucionando gradualmente cos anos, incorporando elementos da música electrónica, o synthpop e o rock gótico,[3][4] aínda que enfatizando sempre a estridente voz de Coleman. Killing Joke influenciou posteriormente a moitos artistas e bandas, como Metallica, Nine Inch Nails e Soundgarden.