King Crimson | |
---|---|
King Crimson no Dour Festival, 2003. | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1969 - 1974 1981 - 1984 1994 - 2010 2013 - 2021 |
Xénero(s) | rock progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Island Records, Atlantic Records, E.G. Records, Virgin Records, Warner Bros. Records, Discipline Global Mobile, Caroline Records |
Membros | Robert Fripp Adrian Belew Tony Levin Pat Mastelotto |
Na rede | |
http://www.king-crimson.com/ | |
King Crimson é unha banda inglesa fundada polo guitarrista Robert Fripp e o batería Michael Giles en 1969. Adoitan ser catalogados como unha banda de rock progresivo, a pesar de ter incorporado á súa música influencias moi variadas, dende jazz, música clásica e experimental ata psicodelia, New Wave, hard rock e folk. O grupo ten influenciado a moitos artistas contemporáneos e gañou un bo número de seguidores a pesar de non ser habitual nos medios de comunicación.