Tipo | liga de hóckey sobre xeo ![]() |
---|---|
Liga inferior | Russian Supreme Hockey League (en) ![]() ![]() ![]() |
Número de participantes | 24 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Rusia ![]() |
Vixencia | 2008 – ![]() |
Calendario da tempada | agosto – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | en.khl.ru ![]() |
A Kontinental Hockey League (KHL; en ruso: Континентальная Хоккейная Лига (КХЛ), Kontinental'naya khokkeynaya liga, en galego: Liga Continental de Hóckey) é un campionato internacional profesional de hóckey sobre xeo fundado no ano 2008. Está formado por equipos con sede en Belarús (1), Kazakhstán (1), China (1) e Rusia (19), para un total de 22.
A KHL está considerado como a principal competición de hóckey sobre xeo en Europa e Asia, así como a segunda máis forte do mundo despois da National Hockey League norteamericana. A nivel de público, a KHL é a terceira competición europea deste deporte en asistencia de público por partido, tendo unha media de 6 121 espectadores por encontro en liga regular, e a primeira en espectadores totais cun acumulado anual de 5,32 millóns. O título de campión da KHL leva o nome de Copa Gagarin, sendo temén outorgado o título de Campión de Rusia ao equipo deste país mellor clasificado.