Kylesa | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Savannah, Xeorxia, ![]() |
Período | 2001 - 2016 (hiato) |
Xénero(s) | sludge metal, heavy metal, stoner rock |
Selo(s) discográfico(s) | Season of Mist, Prosthetic, Havoc, Prank, 20 Buck Spin, La Familia, Alternative Tentacles, Retro Futurist |
Membros | Phillip Cope Laura Pleasants Carl McGinley |
Antigos membros | Eric Hernandez Chase Rudseal Jeff Porter Brandon Baltzley Christian Depken Brian Duke Corey Barhorst Tyler Newberry |
Na rede | |
http://www.kylesa.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kylesa é unha banda estadounidense de heavy metal formada en Savannah, Xeorxia. A súa música incorpora experimentación con riffs pesados, guitarras con afinación grave e elementos do rock psicodélico.[1] O grupo formárono no ano 2001 antigos membros de Damad, aos que se uniu a guitarrista Laura Pleasants. Dende entón pasou por diferentes cambios na súa formación; os únicos membros orixinais que quedan son Phillip Cope e Laura Pleasants. No ano 2006 o grupo engadiu dous baterías, Carl McGinley e Jeff Porter. Eric Hernandez uniuse en 2008 para substituír a Porter.
O 16 de abril de 2016 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que entrarían nun hiato indefinido, dicindo: "Decidimos colectivamente tomar unha pausa sen unha data establecida para regresar".[2]