A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñense moitos produtos téxtiles, como sacas, luvas ou pezas de roupa.
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.