La Chorrera

Modelo:Xeografía políticaLa Chorrera
Imaxe

Localización
Mapa
 8°52′45″N 79°46′56″O / 8.8792, -79.7822
EstadoPanamá
ProvinciasProvincia de Panamá Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación68.896 (2010) Editar o valor en Wikidata (3.035,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie22,7 km² Editar o valor en Wikidata

La Chorrera é unha cidade panameña, capital do distrito de La Chorrera, pertencente á provincia de Panamá Oeste. A área urbana e a zona máis poboada de La Chorrera son os correxementos de Barrio Balboa e Barrio Colón, cunha marcada énfase cara ao leste, até empatar co correxemento Juan D. Arosemena, do distrito de Arraiján. Considerando as áreas urbanas deses dous correxementos (Barrio Balboa e Barrio Colón), conxuntamente coas dos correxementos de El Coco, Guadalupe e parte de Puerto Caimito, forman un todo orgánico e funcional coñecido como La Gran Chorrera cunha poboación de 133.599 habitantes.[1] Da antiga provincia de Panamá era a cuarta aglomeración urbana máis grande superada por Arraiján, San Miguelito e a capital. E a segunda máis importante da provincia tras a cidade de Panamá, da cal se atopa a uns 32 km. É recoñecida pola súa feira internacional e recoñecida como "a cidade do bolo e o chicheme.[2]

  1. mivi.gob.pa (ed.). "Área Metropolitana de Panamá, Sector Oeste". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2012. Consultado o 4 de maio de 2011. 
  2. es.tixik.com (ed.). "La Chorrera-ciudad de Panamá". Consultado o 4 de maio de 2011. [Ligazón morta]

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne