La Flaca

La Flaca
PaísEspaña
LugarBarcelona
Lingualingua castelá
Fundación27 de marzo de 1869
Circulación
ISSN2254-5700
Na rede
https://arca.bnc.cat/arcabib_pro/ca/consulta/registro.do?id=2054 e http://www.bnc.cat/digital/arca/index.php?fname=titols/flaca.htm
HemBNE: 0004088885 HemBNE: 3971781 BVPH: 6106 Memoriademadrid: 275293
editar datos en Wikidata ]
Portada do nº 1

La Flaca: revista liberal e anticarlista, ou simplemente La Flaca, foi unha revista española de tipo satírico, de tendencia política republicana e federal,[1] publicada en Barcelona durante o Sexenio Democrático, momento no que a recentemente estreada liberdade de prensa permitiu este tipo de publicacións.

De periodicidade semanal e, normalmente, de catro páxinas editouse en Barcelona, en lingua castelá, entre o 27 de marzo de 1869 e o 3 de marzo de 1876 e a súa difusión chegou a ser internacional ao se vender en Francia, Italia e América. Atribúeselle ser a introductora da litografía a cor[2], de xeito habitual, na prensa española que empregaba nas caricaturas satíricas sobre a situación política do momento o que provocou que, dado o seu ideario liberal e anticarlista, sufrira varias suspensións e para evitalas seguiu sendo editadas baixo diferentes cabeceiras como La Carcajada[3], La Risotada, La Risa, El Lío, La Madeja, La Madeja Política.

Foi considerada como a máis crítica e incisiva das revistas da súa época e entre os seus colaboradores destaca o seu principal caricaturista Tomás Padró i Pedret.[4]

  1. Almuiña (2015); p. 34
  2. "La representación gráfica de España en la publicación republicana La Flaca, por Ainhoa Gilarranz Ibañez". Consultado o 20-03-2017. 
  3. San Juan, Jose Bernardo; Cuquerella Jiménez-Díaz, Ana; Gutiérrez Palacio, Javier; Mera Fernández, Montserrat; Vela Valldecabres, Daniel (2009). De Azorín a Umbral: Un siglo de periodismo literario español. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. p. 63. ISBN 978-84-9745-221-2. 
  4. "Flaca, La (Barcelona, 1869-1873)". ARCA. Consultado o 30-01-2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne