La cambiale di matrimonio O contrato de matrimonio | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Gaetano Rossi |
Fontes literarias | Baseado na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia. |
Estrea | 3 de novembro de 1810 |
Teatro da estrea | Teatro San Moisè |
Lugar da estrea | Venecia |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdida |
Personaxes | |
La cambiale di matrimonio (en galego O contrato de matrimonio) é unha ópera buffa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Rossi. O libreto baseouse na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia, Il matrimonio per lettera de cambio (1807). Trátase da primeira ópera composta por Rossini e foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 3 de novembro de 1810.
Composta nuns poucos días cando tiña 18 anos, esta farsa buffa foi a primeira ópera profesional de Rossini, composta seguindo a moda da época, na que se estilaban moito estas pequenas óperas absurdas e cómicas. A abertura, escrita cando era estudante no Liceu Musicale en Boloña, é habitual no repertorio de concerto.[1]
Esta ópera case non se representa na actualidade. Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.