La Encina, Villena

Estación de La Encina.

La Encina é unha pedanía situada no noroeste do termo municipal de Villena, na provincia de Alacant, a 18 km de distancia da devandita localidade da comarca do Alto Vinalopó, xunto aos límites das provincias de Alacant, Valencia e Albacete. Atópase a unha altitude de 638 msnm e conta cunha poboación de 147 habitantes (INE 2014).

Está recoñecida pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles como un dos 14 poboados ferroviarios puros que existen en España e o único na Comunidade Valenciana.[1] Na estación de La Encina paran actualmente trens rexionais.

  1. Os poboados ferroviarios en España

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne