La Veu de Catalunya

La Veu de Catalunya

Portada do 12 de xuño de 1902 coa necrolóxica de Jacint Verdaguer
Nº de páxinas16
Fundación1 de xaneiro de 1899
Remata8 de xaneiro de 1937
Tendenciacatalanista, conservadora
Linguacatalán
LocalidadeBarcelona
ÁmbitoEspaña
Periodicidadediaria
Prezo5 céntimos
ISSN1577-2764
Na rede
BNE: a7171591
editar datos en Wikidata ]

La Veu de Catalunya foi un xornal en catalán que se publicou en Barcelona dende o 1 de xaneiro de 1899 ata o 8 de xaneiro de 1937, con dúas edicións diarias.[1] Comezou como un semanario literario e político en 1891, para pasar a ser diario o 11 de xaneiro de 1899.[1] Foi fundado por Enric Prat de la Riba quen o dirixiu entre 1899 e 1902 cando foi substituído por Josep Morató i Grau. A continuación tamén o dirixiron Joaquim Pellecina Camacho e Ramón d'Abadal i Vinyals.[2]

Foi o voceiro do programa ideolóxico e político da Liga Rexionalista e a liña editorial, conservadora e católica,[3] promoveu a autonomía, o uso normal da lingua en público e a escola catalá. Dende o punto de vista xornalístico, era un xornal moderno, organizado por seccións, con correspondentes e colaboradores no territorio e un equipo que combinaba a xente nova e os mellores xornalistas da época.[4] Foi o xornal catalán máis lonxevo do século, con 38 anos de publicación diaria[5] e 12.651 números.[2]

A cabeceira, deseñada por Domènec i Montaner, amosaba unha aguia de catro raias. Naquel tempo Josep Pla e Eugeni Xammar considerárono o xornal máis importante publicado en catalán, opinión tamén compartida, na actualidade, polo historiador xornalístico Josep Maria Figueres.[6]

Tamén con este nome se publicara o Diari Català de Valentí Almirall, durante un dos períodos nos que estivera suspendido, entre o 30 de xullo e o 28 de agosto de 1880.[5][7][6]

  1. 1,0 1,1 LlSD. Gran Enciclopèdia Catalana, ed. "La Veu de Catalunya". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 16-7-2020. 
  2. 2,0 2,1 Checa Godoy (1989), p. 230.
  3. Salvà, Bernat (18-8-2014). "Una veu influent i prestigiosa". elpuntavui.cat (en catalán). Consultado o 17-7-2020. 
  4. Farradellas, Víctor. ""La Mancomunitat no hauria pogut existir sense ‘La Veu de Catalunya"". sapiens.cat (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 29-06-2019. Consultado o 17-7-2020. 
  5. 5,0 5,1 Grèbol, Marc (14-7-2014). "La Veu de Catalunya: ‘Diari no polítich, però clar i català’". nuvol.com (en catalán). Consultado o 17-7-2020. 
  6. 6,0 6,1 Figueres (2014).
  7. Torrent & Tasis (1996), pp. 150-151.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne