Lactato deshidroxenase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.1.1.27 | ||||||||
Número CAS | 9001-60-9 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
Lactato deshidroxenase M4 humana (o isoencima que se encontra no músculo esquelético). De PDB 1I10. | |
lactato deshidroxenase A (subunidade M)
| |
Identificadores | |
Símbolo | LDHA |
Símbolos alt. | LDHM |
Entrez | 3939 |
HUGO | 6535 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005566 |
UniProt | P00338 |
Outros datos | |
Número EC | 1.1.1.27 |
Locus | Cr. 11 p15.4 |
lactato deshidroxenase B (subunidade H)
| |
Identificadores | |
Símbolo | LDHB |
Símbolos alt. | LDHL |
Entrez | 3945 |
HUGO | 6541 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002300 |
UniProt | P07195 |
Outros datos | |
Número EC | 1.1.1.27 |
Locus | Cr. 12 p12.2-12.1 |
lactato deshidroxenase C
| |
Identificadores | |
Símbolo | LDHC |
Entrez | 3948 |
HUGO | 6544 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002301 |
UniProt | P07864 |
Outros datos | |
Número EC | 1.1.1.27 |
Locus | Cr. 11 p15.5-15.3 |
Lactato deshidroxenase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalina da D-lactato deshidroxenase, un encima respiratorio de membrana periférico. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Lact-deh-memb | ||||||||
Pfam | PF09330 | ||||||||
Pfam clan | CL0277 | ||||||||
InterPro | IPR015409 | ||||||||
SCOPe | 1f0x / SUPFAM | ||||||||
|
A lactato deshidroxenase ou L-lactato deshidroxenase (LDH ou LD) é un encima que se encontra en animais, plantas e procariotas, que intervén na fermentación homoláctica. Como deshidroxenase que é transfire un hidróxeno dunha molécula a outra. En concreto, a lactato deshidroxenase cataliza a conversiónn reversible do piruvato en lactato e á vez converte o coencima NADH na súa forma oxidada NAD+.
A lactato deshidroxenase ten importancia médica porque se encontra abundantemente nos tecidos corporais, como o músculo e células do sangue. Como se libera cando hai danos nos tecidos, serve como marcador de lesións e doenzas comúns.
O coencima que actúa con este encima é normalmente o NADH, pero pode actuar tamén o NADP, aínda que máis lentamente, no encima animal, pero non no bacteriano.[1]
Este artigo trata sobre a L-lactato deshidroxenase dependente de NAD(P) (EC1.1.1.27, e nome sistemático (S)-lactato:NAD+ oxidorredutase), pero existen outras clases de lactato deshidroxenase, que poden actuar sobre o D-lactato ou o L-lactato e ser dependentes do citocromo c ou do NAD(P), entre as que están: D-lactato deshidroxenase (citrocromo) (EC: 1.1.2.4), D-lactato deshidroxenase dependente de NAD(P) (EC: 1.1.1.28), e L-lactato deshidroxenase (citocromo) (EC: 1.1.2.3).