Un lago hipersalino é un corpo de auga pechado que contén concentracións altas de cloruro sódico ou outros sales, con niveis salinos que sobrepasasn os da auga de mar (3,5%, é dicir, 35 g/L). Nestes ambientes de alta salinidade poden prosperar microbios e crustáceos especializados[1] pero son augas hostís para a maioría das formas de vida. Algunhas desas especies entran en estado dormente cando se desecan, e algunhas especies crese que sobreviviron durante 250 millóns de anos.[2] A auga dos lagos hipersalinos ten unha gran flotabilidade debido ao alto contido de sal.