Tipo | lago ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Vitoria do Reino Unido ![]() | ||||
Descubridor ou inventor | John Hanning Speke ![]() | ||||
Parte de | Grandes Lagos Africanos ![]() | ||||
Situado na entidade xeográfica | Gran Val do Rift ![]() | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Tanzania, Uganda e Kenya ![]() | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Tanzania Kenya Uganda ![]() | ||||
Afluentes | Río Kagera ,Mogusi River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Efluente do lago | Nilo Branco ![]() | ||||
Conca hidrográfica | Conca fluvial do Nilo ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.133 m ![]() | ||||
Profundidade | 83 m ![]() | ||||
Dimensións | 240 (![]() ![]() | ||||
Perímetro | 4.828 km ![]() | ||||
Superficie | 68.100 km² ![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 238.900 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 2.750.000 hm³ ![]() | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1858 ![]() | ||||
O lago Vitoria (Nam Lolwe en luo; "Nalubaale" en Luganda e Nyanza en kiñaruanda e bantú[1]) é un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo.[2][3]
En termos de superficie, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga. É unha das nacentes do río Nilo, o Nilo Branco.
O lago Vitoria recibe principalmente as súas augas das precipitacións e de milleiros de pequenos regatos. O maior curso de auga que verte no lago é o río Kagera, cuxo delta está na costa oeste do lago; e só é drenado polo río Nilo preto de Jinja, na costa setentrional.[4]
O lago Vitoria ocupa unha depresión pouco profunda cunha profundidade máxima de 84 m é unha profundidade media de 40 m.[5]
A súa bacía ten unha extensión de 184.000 km². A súa liña de costa ten 4.828 km, dos que o 3,7% son dalgunha das 3.000 illas que contén.[6] Moitas destas illas están habitadas, destacando as Illas Ssese, en Uganda, un grupo grande de illas no noroeste do lago que son un destino popular para turistas.
O lago está dividido entre tres países: un 6% corresponde a Kenya, Uganda administra un 45% e o 49% restante pertence a Tanzania.[7]