O lamigueiro[2] (Populus nigra), tamén coñecido como chopo negro[3][4][5] ou álamo negro[4][5][6], é unha especie de árbore de ribeira pertencente á familia das salicáceas.
Especie mediterránea común nos ríos da Península Ibérica, común en grandes plantacións no centro de España para produción de madeira. En Galiza non aparece de xeito espontáneo, plantándose ás veces nos concellos máis meridionais preto dos ríos con fins madeireiros ou ornamentais, especialmente en obras públicas, alamedas e beirarrúas das vilas.
↑ 4,04,1Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 908. ISBN 84-95335-46-8
↑ 5,05,1Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004, VV. AA. (2012) e Vocabulario forestal, Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo