Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Abruzzo | ||||
Provincias | Provincia de Chieti ![]() | ||||
Capital | Lanciano ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.944 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 66,94 km² ![]() | ||||
Altitude | 265 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Atessa (pt) ![]() Poggiofiorito (pt) ![]() Paglieta (pt) ![]() Rocca San Giovanni (pt) ![]() San Vito Chietino (pt) ![]() Sant'Eusanio del Sangro (pt) ![]() Orsogna (pt) ![]() Frisa (pt) ![]() Mozzagrogna (pt) ![]() Castel Frentano (pt) ![]() Fossacesia (pt) ![]() Treglio (pt) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Santa María ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66034 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0872 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 069046 ![]() | ||||
Código catastral italiano | E435 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.lanciano.chieti.it ![]() |
Lanciano é unha pequena cidade italiana de orixe medieval, da provincia de Chieti. Está situada nos Abruzos, preto da costa do mar Adriático. O concello (en italiano comune) ten unha superficie de 66,94 km² e, segundo o censo do 31 de marzo de 2016 a súa poboación é de 35 312 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 529,51 hab./km².[1]
O centro da cidade está situado a 265 m sobre o nivel do mar, pero a altitude do concello varía desde os 33 m da "contrada" Serre, cerca do río Sangro, aos 410 m de San Nicolino, no límite con Castel Frentano.
O territorio de Lanciano sitúase onde as abas da Majella van caendo cara ao mar. No sur chega a limitar co río Sangro. A cidade está atravesada polo torrente Feltrino, que pasa un pouco ao norte do centro histórico. Este último encóntrase sobre tres outeiros (Erminio, Petroso e Selva), mentres que o desenvolvemento posterior tivo lugar sobre terreos máis planos ao sur deste.
Nesta cidade naceu en 1958 o músico Massimo Spadano, violín concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]