Laros

Laros
Lari

Rango fósil: Eoceno tardío – Actuualidade

Larus argentatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Lari
Sharpe, 1891
Familias
Véxase o texto

A dos laros (Lari) é unha suborde de aves acuáticas da orde dos caradriformes que comprende as gaivotas, os papamerdas, os carráns, os rincópidos, as alcas e os glareólidos.

En xeral os membros desta suborde son aves de tamaño de madiano a grande, máis adaptadas ao voo que as limícolas, coas que comparten orde. A maioría son aves acuáticas que viven no mar ou en zonas húmidas, aínda que en inverno algunhas poden afastarse da costa dirixíndose ao interior continental. Porén, hai excepcións, como as especies do xénero Cursorius, que viven en estepas e desertos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne