Latin metal | |
---|---|
Orixe musical | Heavy metal, música latina |
Orixe cultural | Finais dos anos 1970 en Latinoamérica |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica, baixo, batería, voz, percusión latina |
O latin metal é unha denominación dentro do heavy metal atribuída a aqueles grupos que teñen unha orixe, influencias ou instrumentacións adaptadas dende a música latina, como por exemplo a inclusión de voces en español, instrumetos de percusión latina e ritmos adaptados dente outros xéneros como a salsa. A súa orixe remóntase aos anos 1970 e 1980 en países de Latinoamérica grazas a cada vez maior influencia e popularidade mundial do heavy metal e do rock da época.[1] Nos Estados Unidos comezou a destacar comercialmente a partir dos anos 1990, con diversos selos discográficos buscando beneficiarse da medrante popularidade do pop latino,[2] coma por exemplo na compilación Metalo do selo Grita! Records, que incluíu temas de Ill Niño e Puya entre outros.[3]
Grupos como Sepultura e Soulfly adoitan citarse como predecesores deste estilo.[4] Ill Niño é probablemente o expoñente máis coñecido do xénero, ao acadar certo éxito comercial cos seus dous primeiros álbums e obter unha forte difusión radiofónica en diversas zonas dos Estados Unidos, coma por exemplo na área de San Antonio.[5]