![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2020) |
Le comte Ory O conde Ory | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | Scribe e Delestre-Poirson |
Fontes literarias | Segundo a obra dos libretistas de 1816 inspirada nunha balada medieval[1] |
Estrea | 20 de agosto de 1828 |
Teatro da estrea | Théâtre de l'Académie Royale de Musique[2] |
Lugar da estrea | París |
Duración | 2 horas 15 minutos[2] |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Biblioteca da Ópera, París (só o Prélude) |
Personaxes | |
Le comte Ory (en galego, O conde Ory) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Eugène Scribe e Charles-Gaspard Delestre-Poirson, segundo o seu vodevil Le Comte Ory do ano 1817, inspirado á súa vez nunha balada medieval. Foi estreada no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París o 20 de agosto de 1828.[2]
Parte da música procede da súa ópera Il viaggio a Reims escrita tres anos antes para a coroación de Carlos X.[3] A obra é ostensiblemente unha ópera cómica no sentido de que a historia é humorística, mesmo pura farsa. Non obstante, pensouse máis na Opéra que no Teatro da Opéra-Comique e hai inconsistencias estruturais co xénero contemporáneo da opéra comique: mentres que esta última está formada por números líricos relativamente curtos e diálogo falado, Le comte Ory está formado por "altamente desenvolvidas, mesmo macizas formas musicais unidas por recitativo acompañado".[4] Aínda que a ópera contén parte da escritura orquestral máis colorida de Rossini, a pintoresca e breve abertura é estrañamente contida e sen pretensións, acabando cun murmurio de cordas en pizzicato.