Le nozze di Figaro

Le nozze di Figaro
As vodas de Figaro
Libreto da estrea na Ópera de Praga.
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLorenzo da Ponte
Fontes literariasBeaumarchais: As vodas de Fígaro
Estrea1 de maio de 1786
Teatro da estreaHofburgtheater
Lugar da estreaViena
Duración3 horas
Música
CompositorWolfgang Amadeus Mozart
Orquestración1 clavicémbalo
2 timbais
2 frautas
2 óboes
2 clarinetes
2 fagots
2 trompas
2 trompetas
3 trombóns
Instr. de cordas: * violíns (primeiros e segundos)
* violonchelos
* violas
* contrabaixos
EditorialImbault 1795 aprox.
Personaxes

Conde de Almaviva (barítono lírico)
Condesa Rosinna de Almaviva (soprano)
Susanna (soprano lixeira)
Figaro (baixo barítono)
Cherubino (mezzosoprano)
Marcellina (mezzosoprano)
Don Bartolo (baixo buffo
Don Basilio (tenor lixeiro)
Don Curzio (tenor)
Antonio (baixo
Barbarina (soprano)

Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor.

Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música. A pesar de recibir moitas críticas na súa época, logrou grandes éxitos nas súas representacións. Le nozze di Figaro é unha das óperas máis destacadas do repertorio operístico estándar e aparece como a número 5 na lista de Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo para o período 2005-2010.[1]

A trama ten lugar en Sevilla, España.

  1. Statistics, 2005-10

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne