Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Legacy of Kain é unha saga de videoxogos de acción, aventuras e fantasía escura desenvolvidos por Crystal Dynamics e publicados por Eidos Interactive. Os xogos xiran arredor dunha historia chea de mitoloxía vampírica.
Legacy of Kain comeza cando un mozo nobre, da cidade de Coorhagen, chamado Kain é asasinado por uns bandidos en Ziegsturhl. Ambas son cidades dunha terra mítica chamada Nosgoth.
A Kain élle ofrecida a oportunidade de vingarse dos seus asasinos, oportunidade que non deixa escapar. Así pois Kain é devolto á vida, ou mellor dito á non vida pois agora é un vampiro. Logo de acabar cos seus asasinos descobre que eles non eran máis que os instrumentos do seu asasinato e que a súa mesma raza o planeou e élle encomendada a obriga de restaurar os Nove Alicerces de Nosgoth para traer o equilibrio á danada terra.
Este é o comezo dunha historia que non terá como único protagonista a Kain (Blood Omen), pois nos Soul Reaver o protagonista é o seu lugartenente Raziel, convertido nun ente algo diferente dos vampiros. E na última entrega da saga, Legacy of Kain: Defiance, teremos a oportunidade de usar aos dous para aclarar a cada vez máis complicada historia. ´