![]() | |||
Nome | Leinster Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | IRFU | ||
Fundación | 1879; hai 145 anos | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | RDS Arena (18.500 espect.) Aviva Stadium (51.700 espect.) | ||
Presidente | Mick Dawson | ||
Adestrador | Leo Cullen | ||
Capitán | Jonathan Sexton | ||
Caps | Gordon D'Arcy (257) | ||
Anotador | Jonathan Sexton (1.438) | ||
Ensaios | Shane Horgan (69) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | Campións. 1º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.leinsterrugby.ie/ | |||
![]() ![]() |
O Leinster Rugby (en irlandés: Rugbaí Laighean) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby, e é o equipo irlandés máis laureado tanto a nivel local como a nivel europeo, onde é o equipo con máis Champions Cup gañadas xunto co Toulouse. O equipo representa a Leinster na Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.
O Leinster ten a súa en Dublín, capital da República de Irlanda, e disputra os seus encontros como local no RDS Arena, estadio con capacidade para 18.500 espectadores. Cando a capacidade do estadio non é suficiente, o equipo xoga algúns encontros no Aviva Stadium, recinto con capacidade para 51.700 seareiros.[1] Antes de trasladarse ao RDS en 2005, o estadio local do Leinster era o Donnybrook Stadium. A cor principal do club é o azul, sendo o símbolo do equipo a arpa de Leinster, a cal figura na bandeira provincial. O Leinster converteuse en equipo profesional en 1995 á vez que o resto de equipo provinciais irlandeses: Connacht, Munster e Ulster. O equipo compiten no Pro14, antes coñecido como Celtic League e Pro12, desde a súa creación no ano 2001. Anteriormente competía no Campionato Interprovincial da IRFU.