Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Saxonia - Sachsen | ||||
Capital de | District Office Leipzig (en) Kreishauptmannschaft Leipzig (en) Kreis Leipzig-Land (en) Leipzig District (en) Amtshauptmannschaft Leipzig (en) | ||||
Contén a división administrativa | Baalsdorf Connewitz Gohlis Grünau Mitte (en) Grünau-Ost (en) Innenstadt (en) Kleinzschocher Knautkleeberg Lindenau Miltitz Möckern Neulindenau (en) Nordvorstadt (en) Ostvorstadt (en) Plagwitz Schleußig Schönau Südvorstadt (pt) Westvorstadt (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 619.879 (2023) (2.081,53 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 297,8 km² | ||||
Bañado por | Elsterflutbett (en) , Weisse Elster (en) e Pleiße (en) | ||||
Altitude | 113 m | ||||
Comparte fronteira con | Leipzig (distrito) (pt) Großpösna (pt) Brandis (pt) Borsdorf Markkleeberg (pt) Pegau Zwenkau Markranstädt (pt) Taucha (pt) Krostitz (pt) Saxónia do Norte (pt) Jesewitz (pt) Schkeuditz (pt) Rackwitz Muldentalkreis (pt) (–2008) Delitzsch (pt) (–2008) Leipziger Land (pt) (–2008) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Burkhard Jung (2006–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04003, 04357, 04275, 04155, 04157, 04109, 04105, 04229, 04317 e 04159 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0341 | ||||
Código NUTS | DED51 | ||||
Número de municipio alemán | 14713000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | leipzig.de | ||||
Leipzig ( son (axuda · info); IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².
Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.
A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.
Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Fráncfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.
En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.