![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As Leis de Newton son tres principios relativos ao movemento dos corpos. A formulación matemática foi publicada por Sir Isaac Newton no 1687, na súa obra Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica. As leis de Newton constitúen, xunto coa transformación de Galileo, a base da mecánica clásica. No terceiro volume dos Principia Newton amosou que, combinando estas leis coa Lei da gravitación universal, se poden deducir e explicar as Leis de Kepler sobre o movemento planetario.
As leis de Newton tal como se adoitan expoñer só valen para sistemas de referencia inerciais. En sistemas de referencia non-inerciais, xunto coas forzas reais deben incluírse as chamadas forzas ficticias ou forzas de inercia que engaden termos suplementarios capaces de explicaren o movemento dun sistema pechado de partículas clásicas que interactúan entre elas.