![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1883 ![]() Borba de Godim, Portugal (pt) ![]() ![]() |
Morte | 2 de xaneiro de 1936 ![]() Porto, Portugal ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico ![]() |
Educación | Universidade do Porto ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e política ![]() |
Ocupación | filósofo, político, profesor universitario ![]() |
Premios | |
![]() |
Leonardo José Coimbra, nado en Borba de Godim, Lixa, o 30 de decembro de 1883 e finado en Porto o 2 de xaneiro de 1936, foi un filósofo, profesor e político portugués. Como ministro de Instrução Pública dun dos gobernos da Primeira República Portuguesa, creou as Universidades Populares e a Facultade de Letras do Porto. Como pensador fundou o movemento Renascença Portuguesa e evolucionou do creacionismo cara a un intelectualismo esencialista e idealista, recoñecendo a necesidade de reintegrar o saber das "mais altas disciplinas espirituais", como a metafísica e a relixión.