Leonhard Euler  |
|
Nacemento | 15 de abril de 1707  Basilea (Antiga Confederación Suíza)
 |
---|
Morte | 18 de setembro de 1783 (76 anos) San Petersburgo (Imperio Ruso)
 |
---|
Causa da morte | hemorraxia cerebral  |
---|
Lugar de sepultura | Smolensky Lutheran Cemetery (en) (–1957) Cemiterio de San Lázaro de San Petersburgo (1957–) 59°55′N 30°23′L / 59.92, 30.39  |
---|
|
Catedrático |
---|
1766 – |
Catedrático |
---|
22 de xaneiro de 1731 (Xuliano) – 1741 |
Adjunct (en) |
---|
1727 – 1730  |
|
|
Residencia | San Petersburgo (1766–) Q15782821 (1753–1766) Berlín (1741–1753) San Petersburgo (1727–1741) Basilea  |
---|
Relixión | Protestantismo  |
---|
Educación | Universidade de Basilea (1720–)  |
---|
Director de tese | Johann Bernoulli  |
---|
|
Campo de traballo | Análise matemática, teoría de números, construção naval (pt) , cálculo de variacións, astronomía, mecánica, teoria de equações diferenciais (pt) , balística (pt) , óptica, matemáticas, teoría musical, cálculo diferencial, teoría de grafos, física e lóxica  |
---|
Lugar de traballo | Berlín (1741–1766) San Petersburgo (1727–) San Petersburgo Basilea Berlín  |
---|
Ocupación | matemático, astrónomo, científico, inventor, Executivo, teórico da música, profesor universitario, escritor, físico, xeógrafo  |
---|
Empregador | Academia das Ciencias de San Petersburgo (1766–) Academia das Ciencias de San Petersburgo (1727–1741) Universidade Estatal de San Petersburgo Academia Prusiana das Ciencias  |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Mikhail Golovin (en) , Petr Inokhodtsev (en) , Semen Kotelnikov (en) , Anders Johan Lexell, Stepan Rumovsky (pt) , Nikolaj I. Fuss, Johann Euler (pt) e Joseph-Louis Lagrange  |
---|
Influencias | |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Salomea Abigail Euler (1776–) Katharina Euler (1734–1773), morte do cónxuxe  |
---|
Fillos | Johann Euler ( ) Katharina Euler Carl Euler ( ) Katharina Euler Christoph Euler ( ) Katharina Euler  |
---|
Pais | Paul III Euler e Marguerite Brucker  |
---|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Biográfico Ruso Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron  |
---|
 |
Leonhard Paul Euler, nado en Basilea o 15 de abril de 1707 e finado en San Petersburgo o 18 de setembro de 1783, foi un matemático e físico suízo, que pasou a meirande parte da súa vida en Rusia e Alemaña. Considérase a Euler coma o matemático máis importante do século XVIII e un dos máis grandes e prolíficos de tódolos tempos.
Euler fixo descubrimentos importantes en campos diversos coma o cálculo infinitesimal e a teoría de grafos. Tamén introduciu gran parte da notación e terminoloxía matemática moderna, especialmente na análise matemática, coma a noción de función[1]. Tamén é recoñecido polas súas contribucións á mecánica, á óptica, e á astronomía.
Calcúlase que as súas obras completas reunidas poderían ocupar entre 60 e 80 volumes.[2] Unha afirmación atribuída a Pierre Simon Laplace expresa a influencia de Euler nos matemáticos posteriores: «Lean a Euler, lean a Euler, el é o mestre de todos nós.»[3]
- ↑ Dunham, 2006.
- ↑ Finkel, B.F. (1897). "Biography- Leonard Euler". The American Mathematical Monthly 4 (12): 300.
- ↑ Dunham, William (1999). Euler: The Master of Us All. The Mathematical Association of America. pp. xiii.
Lisez Euler, lisez Euler, c'est notre maître à tous.