Lepilemur microdon | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||
![]() En perigo[1] | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Nome binomial | |||||||||||
Lepilemur microdon (Forsyth Major, 1894) | |||||||||||
![]() Mapa de distribución
|
O Lepilemur microdon é unha especie de lepilemur que, como tódolos outros lémures, é endémico de Madagascar. Vive na densa selva chuviosal do sueste de Madagascar, nos parques nacionais de Ranomafana e Andringitra. Foi descrito en 1894 e considerouse como unha subespecie ou sinónimo taxonómico do lémure saltador común (L. mustelinus) durante a meirande parte do século XX. Os estudos filoxenéticos non só consolidan o seu status como especie distinta, senón que tamén indican que é o único lepilemuridae do leste de Madagascar, tendo unha relación máis achegada coas especies occidentais que coas orientais.