Less Than Jake | |
---|---|
Orixe | Gainesville, Florida, |
Período | 1992 - actualidade |
Xénero(s) | ska punk, punk rock, pop punk |
Selo(s) discográfico(s) | Dill, Asian Man, No Idea, Fat, Capitol, Fueled by Ramen, Sire, Sleep It Off, Cooking Vinyl |
Membros | Chris Demakes Roger Manganelli Vinnie Fiorello Buddy Schaub Peter "JR" Wasilewski |
Na rede | |
lessthanjake.com | |
Less Than Jake é unha banda estadounidense de ska punk procedente de Gainesville, Florida e formada en 1992. O grupo está composto por Chris DeMakes (voces, guitarra), Roger Manganelli (voces, baixo), Vinnie Fiorello (batería, letras), Buddy Schaub (trombón) e Peter "JR" Wasilewski (saxofón).
Less Than Jake publicou o seu álbum de estrea, Pezcore, en 1995, despois dunha serie de edicións independentes en 7". Os dous seguintes discos da banda, Losing Streak (1996) e Hello Rockview (1998), publicáronse a través dunha garn discográfica, Capitol Records, levando a un aumento da exposición do grupo. O quinto álbum de estudio, Anthem (2003), foi o seu traballo máis exitoso comercialmente ata a data.
No ano 2008 a banda fundou o seu propio selo, Sleep It Off Records, e publicou o seu sétimo traballo, GNV FLA. Recentemente editou os EPs Greetings from Less Than Jake (2011) e Seasons Greetings from Less Than Jake (2012). A finais do 2012 o grupo combinou ámbolos dous no álbum Greetings and Salutations.