Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh) 李白 19 de maio de 701 Suyab (Dinastía Tang) |
Morte | 30 de novembro de 762 (61 anos) Dangtu County, República Popular da China (en) |
Causa da morte | afogamento |
Lugar de sepultura | Tomb of Li Bai (en) 31°29′27″N 118°30′59″L / 31.4907445, 118.5163201 |
Actividade | |
Lugar de traballo | China |
Ocupación | poeta, calígrafo, letrista, escritor |
Período de tempo | Dinastía Tang |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Familia | Li clan of Longxi (en) |
Pai | Li Ke |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ли Бо) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Larousse en liña |
Nomes | |
---|---|
Chinés: | 李白 |
Pinyin: | Lǐ Bó ou Lǐ Bái |
Wade-Giles: | Li Po ou Li Pai |
Zi: | Tàibái (太白) |
Tamén coñecido como: | Poeta Inmortal (Shīxiān, 詩仙) |
Li Po ou Li Bai (chinés tradicional e simplificado: 李白, pinyin: Lǐ Bái, Wade-Giles: Li3 Pai2), nado en 701 e finado en 762,[1] foi un poeta chinés considerado o mellor poeta romántico da dinastía Tang. O carácter 白, pronunciado bái en mandarín moderno, pronunciábase antigamente bó, motivo polo cal o seu nome transcribíase antigamente como Li Po, representación segundo o sistema Wade-Giles (actualmente en desuso).
Renomeado como o poeta inmortal, está considerado un dos máis respectados poetas da historia da literatura chinesa. Aproximadamente mil poemas seus permanecen na actualidade. O mundo occidental introduciu os traballos de Li Bai a través de moi liberais traducións de versións en xaponés dos seus poemas, realizadas por Ezra Pound. Li Bai é máis coñecido pola súa imaxinación extravagante e imaxes taoístas vertidas na su poesía, e tamén polo seu grande amor á bebida. Formou parte do grupo dos "8 inmortais da copa de viño", un grupo de poetas amantes do desenfreo.[1] Igual que Du Fu, Li Bai pasou gran parte da súa vida viaxando, mais no seu caso isto foi grazas á súa riqueza. Dise que afogou no río Yangtzé, caendo da súa lancha ao intentar abrazar a lúa estando baixo os efectos do alcol.
Tese para obter o grado de Gran Mestre Catador do viño da Cofraría do viño holandés