LibriVox | |
---|---|
Tipo | base de datos, servizo de internet, Biblioteca virtual e editora de audiolivros |
Data de fundación | agosto de 2005 |
Fundador(es) | Hugh McGuire |
Nomeado en referencia a | contido libre e voz |
Na rede | |
https://librivox.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LibriVox é unha biblioteca dixital en liña, con libros en formato de son (Audiolibros), en Dominio público e de balde. Os lectores que gravan a súa propia lectura en voz alta, creando así o audiolibro, son sempre voluntarios, e proceden de distintas partes do mundo. En decembro de 2015 había 9290 audiolibros dispoñibles para o seu escoita e descarga.[1] O 90% da colección de gravacións está en lingua inglesa, aínda que LibriVox produce tamén audiolibros en 36 linguas.[2]