A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X)[1] é unha licenza de software libre permisiva.[2] Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.[2][3] Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11.[4] Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.[1] Pola contra a Open Source Iniciative non concorda con iso e chámalle Licenza MIT.[1]
Xa que é unha licenza permisiva, ten poucas limitacións sobre do reuso do software e permite que sexa unha ampla compatible con outras licenzas.[5][6] A licenza sempre inclúe unha declaración sobre do copyright e unha advertencia que indica que o software se distribúe "como está" e que os propietarios non se fan responsables das reclamacións polos erros do emprego dese software.[3] A licenza permite reempregar o código mais mantendo os dereitos de copyright e as notas da licenza. Permite traballos derivados ou modificacións baixo diferentes termos e mesmo sen distribuír o código fonte. Con iso, a licenza MIT permite a reutilización dentro de software privativo, xa que permite as adaptacións a fins comerciais.[1][3]
A licenza MIT tamén é compatible con moitas licenzas de copyleft, como a GNU General Public License (GPL). Grazas a iso o software con licenza MIT pódese integrar en software GPL, inda que non do outro xeito.[4]
En 2018 a licenza MIT foi a máis popular para proxectos de código aberto, xa que dos 2 millóns de proxectos estudados foi a licenza empregada polo 32%.[7] Algúns exemplos de software que emprega está licenza é o X Window System ou as linguaxes de programación Ruby on Rails e Node.js.
As licenzas permisivas simplifican as cousas. Unha razón polo que o mundo empresarial, en cada vez máis e máis desenvolvedores [...], prefiren as licenzas permisivas é a súa facilidade para ser reusadas. A licenza polo xeral só é aplicable ao código fonte e e non expón condicións que afecten a outras compoñentes, e grazas a iso non hai a necesidade de definir que constitúe un traballo derivado. Ademais nunca teño visto unha táboa de compatibilidade de licenzas para as licenzas permisivas; parece que todas son compatibles.
As licenzas para distrubuír o código aberto e libre (FOSS) divídense en dúas familias: as permisivas e as copyleft. As licenzas permisivas (BSD, MUT, X11, Apache, Zope) son polo xeral compatibles e combinables con case todas as demais licenzas, aceptando as unións, as combinacións ou as melloras que o código permite e son redistribuibles baixo moitas licenzas (incluídas as licenzas non-libre ou "privativas").