Licia (Lycia, Λυκία) foi unha rexión da costa suroeste de Asia Menor entre Caria e Paflagonia. A capital foi Xanthos. O seu nome anterior foi Lukka e os gregos mencionan algúns reis lendarios, entre eles Lico, que lle daría nome ao país. Os nomes de soberanos da mitoloxía grega son Ióbates, Belerofonte o Corintio, Hipóloco, Glauco, Sarpedón, Megarión e Lico. O país é chamado polos turcos Tekke ou Tekeh.