Tipo | Liga ACB ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Liga ACB ![]() |
Número de participantes | 18 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Período de tempo | tempada 2011-2012 ![]() |
Intervalo de tempo | 8 de outubro de 2011 – 16 de xuño de 2012 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona Bàsquet ![]() |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Andy Panko ![]() |
A tempada 2011-12 da Liga ACB foi a 29ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 8 de outubro de 2011, e rematou o 16 de xuño de 2012 co quinto e derradeiro encontro da final.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e de seguido os 8 primeiros equipos da táboa comezaron a disputa das eliminatorias polo título. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon de categoría, malia que diversas razóns económicas permitiron que os dous recuperasen a categoría.