Tipo | Liga ACB |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Liga ACB |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 1995-1996 |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona Bàsquet |
A temporada 1995–96 da Liga ACB, celebrada entre o 10 de setembro de 1995 e o 2 de xuño de 1996, foi a décimo terceira temporada da máxima categoría do baloncesto español desde a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) para substituír a antiga Primeira División. O campión desta edición foi por segundo ano consecutivo o FC Barcelona Banca Catalana.
Nesta edición mantívose o número de equipos da edición anterior, 20. Tamén se mantivo o sistema de competición, xogando os playoffs polo título os oito primeiros clasificados e os playoffs pola permanencia os catro últimos. Após o final desta temporada desapareceron o Amway Zaragoza e o Baloncesto Salamanca, mentres que o Grupo AGB Huesca vendeu a maioría das súas accións ao Fuenlabrada.[1]