Liga ASOBAL

Modelo:Competición deportivaLiga ASOBAL
Nome na lingua orixinal(es) Liga Asobal Editar o valor en Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
OrganizadorASOBAL (1990–) Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1958 –
1958 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostomaio Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona (31º)
(2024)
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos240 Editar o valor en Wikidata
Máis títulosFC Barcelona (31) Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónGOL PLAY (en) Traducir
LALIGA+ Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialasobal.es Editar o valor en Wikidata

A Liga ASOBAL, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Sacyr Asobal, é a máxima categoría masculina da liga española de balonmán, a competición entre clubs de balonmán máis importante de España. Organizada dende o ano 1990 pola Asociación de Clubs de Balonmán de España (ASOBAL), é a herdeira da antiga División de Honra, que se disputou entre 1959 e 1990.

É considerada por algúns como a mellor liga de balonmán do mundo.[1] Non ten a consideración de Liga profesional, polo que unicamente pode organizar a competición por delegación expresa e baixo a supervisión e control da Real Federación Española de Balonmán (RFEBM), que é quen ostenta a titularidade legal das competencias e a única que lle outorga o carácter de competición oficial.

O FC Barcelona é, con 27 títulos (19 baixo a denominación actual), o club que en máis ocasións gañou a liga ASOBAL. É, xunto co BM Ciudad Real, o único equipo que gañou todos os partidos dunha tempada. Ademais, o Barcelona ten o récord de 146 partidos consecutivos invictos (145 vitorias e un empate), que durou 4 anos, 10 meses e 26 días.[2]

  1. La mejor liga del planeta, en juego[Ligazón morta] ElMundoDeportivo.com
  2. "El Barça de balonmano pierde un partido de liga tras cinco años invicto". 20minutos.es. 13 de abril de 2018. Consultado o 17 de maio de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne