Cayuga Gayogo̱hó꞉nǫˀ | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América e o Canadá | |
Rexións: | Ontario e Estado de Nova York | |
Total de falantes: | <55 no Canadá (censo de 2016)[1] | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do norte Iroqués dos lagos Cinco nacións Cayuga | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | cay
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua cayuga (cuxo autoglotónimo é gayogo̱hó꞉nǫˀ) é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo cayuga. Pertence ao subgrupo iroqués do norte das linguas das "Cinco Nacións" e fálase na Reserva das Seis Nacións, Ontario, por unhas 240 persoas, e na reserva de Cattaraugus, no estado de Nova York, por menos de 10 persoas.
A lingua cayuga atópase en perigo crítico de desaparecer, xa que só 115 persoas do pobo cayuga tiñan esta lingua como lingua nai segundo o censo canadense de 2021. O pobo cayuga está a traballar na súa revitalización lingüística.[3] Como exemplo disto, o Six Nations Polytechnic desenvolveu aplicacións en iOS e programas de estudo en cayuga, oneida, mohawk e outras.