Lingua chipaia

Chipaia
Puquina
Falado en: Andes bolivianos
Total de falantes: 1 200 (1995)
Familia: Linguas uru-chipaya
 Chipaia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cap
Mapa
Status

O chipaia está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua chipaia é unha lingua falada nos Andes bolivianos por ao redor de 2.000 persoas. Pertence á familia uru-chipaia, que á súa vez é un grupo illado ao que non se lle coñecen relacións próximas. O chipaia fálase na actualidade unicamente na vila de Chipaya, nas ribeiras do lago Coipasa, se ben hai testemuños de que se falou nunha zona máis grande, probabelmente na veciña vila de Isluga (Chile), e tamén a empregan os habitantes de Chipaya que van traballar fóra da súa vila como temporeiros.

Os chipaias denomínanse qhwaz-zh zhoñi[2] (os homes da auga), e á súa lingua chipaj tago[3]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Rodolfo Cerrón-Palomino El chipaya o la lengua de los hombres del agua, Universidade Católica de Perú, 2006
  3. Pieter Muysken Uchumataqu: Research in Progress on the Bolivian Altiplano, International Journal on Multicultural Societies, Vol. 4, No. 2 , 2002

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne